O 53% dos problemas comunicados está solucionado e o 38% en vías de solución
O 53% da incidencias comunicadas a través da APP do Concello de Tui dende o apartado de incidencias están xa solucionadas e o 38% están en proceso de solución. Dende a activación deste servizo na aplicación móbil, a comezos do pasado mes de novembro, rexistráronse 158 incidencias das que 85 están solucionadas e 61 en proceso de solución. O tempo medio de resolución está situado en 5 días. Houbo amais 12 incidencias comunicadas con temas que non eran de competencia municipal.
A meirande parte das incidencias comunicadas na aplicación e xa solucionadas refírense a problemas no mobiliario urbano dando conta de elementos rotos ou deteriorados e a problemas no alumeado público con luminarias fundidas ou apagadas. Outras notificacións están en vías de solución xa que requiren actuacións de maior envergadura.
Cómpre lembrar que a través da APP Concello de Tui pódese comunicar de xeito doado calquera tipo de incidencia clasificada en Mobiliario Urbano, Tráfico e Sinaléctica, Lixos e Residuos, Pavimentos e Sumidoiros, Animais e Pragas, e Limpeza e Xardinería. A través dun mapa pódese xeolocalizar o problema existente, e acompañar fotografías e outros datos da mesma.
Sem comentários:
Enviar um comentário