sábado, 22 de julho de 2017

A feira de Valença do Minho, unha alternativa para os días sen sol

Co mal tempo, unha das actividades alternativas á praia son as compras, e moitos turistas aproveitaron para para achegarse ao mercado de Valença
E coa chuvia, unha das actividades alternativas á praia son as compras. Un destino escollido por moitos turistas é o tradicional mercado dos mércores de Valença do Minho. Hoxe vimos por alí máis visitantes foráneos que clientes galegos habituais.
Baixo este mar de toldes do recinto feiral de Valença agóchase unha frenética actividade mercantil, como é habitual todos os mércores. Paraugas en man a causa da chuvia que caeu case toda a mañá vimos hoxe moitos turistas, que decidiron pasar o día no mercado.
Xunto a eles non fallan á cita semanal os clientes de toda a vida. Numerosos clientes veciños do outro lado da fronteira que buscan nos distintos postos as mellores ofertas.
Os comerciantes tratan de atraer aos clientes co reclamo do prezo e a calidade,coa garantía do produto portugués.
Valença mantén viva a tradición consolidándose como atractivo turístico, sobre todo en días coma hoxe en que é mellor estar a cuberto.
In Televisión de Galicia

Sem comentários:

Enviar um comentário