segunda-feira, 17 de julho de 2017

Unha maqueta do conxunto histórico de Tui pode visitarse estes días na Oficina de Turismo

De forma minuciosa e pormenorizada recolle a escala cada detalle da zona vella tudense, as rúas, as casas, as murallas...
A Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando, acolle estes días unha maqueta de grandes dimensións do conxunto histórico de Tui realizada polo tudense José Martínez Clotet. De forma minuciosa e pormenorizada recolle a escala cada detalle da zona vella tudense, as rúas, as casas, as murallas...
Tanto a tudenses coma turistas poden así observar nesta maqueta cada recuncho do conxunto histórico tudense, declarado Ben de Interese Cultural, e que na zona de intramuros vén de ser peonalizado definitivamente a pasada fin de semana. 
in Infominho

Sem comentários:

Enviar um comentário