domingo, 9 de julho de 2017

O luns comeza a primeira quenda do Campamento de Verán organizado polo Concello de Tui

Participarán 145 nenos ata o 24 de xullo. Do 26 de xullo ao 9 de agosto celebrarase a segunda quenda
O Campamento de Verán do Concello de Tui dará comezo o próximo luns 10 de xullo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o martes 24 de xullo.
Nesta primeira quenda participarán 145 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no noso concello.
O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.45 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran.
Ás 09.30 horas, trala recepción dos participantes, se realizará o acto de presentación, no que están convidados todos  pais e nais dos nenos e nenas inscritos, onde o coordinador do campamento explicará as normas básicas do mesmo.
A segunda quenda do campamento empezará o mércores 26 de xullo e rematará o mércores 9 de agosto.