sábado, 29 de julho de 2017

Tui, o trono dos ciclistas galegos

A cidade de Tui acolle este domingo o Campionato de Galicia Máster de Ciclismo, unha cita organizada pola Federación Galega de Ciclismo e o Club Clicista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui.
O paseo da Corredoira será o lugar onde dará comezo a proba, con saída ás 10:30 horas. Despois dun percorrido con paso por zonas de Tomiño e O Rosal prevese que os participantes retornen a Tui para cruzar a liña de meta sobre as 12:45 horas.
Presentación do Campionato de Galicia Máster de Ciclismo
Este mercoles 26 de xullo o salón de plenos do Concello de Tui acolleu a presentación desta importante cita deportiva. No acto participaron o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente e secretario do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e Xabier Martínez, e o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.
Laureano Alonso quixo resaltar a relevancia que ten un evento destas características para Tui, así como a importante de promover as actividades deportivas entre a sociedade. Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente, agradeceu a confianza da Federación Galega e a colaboración do Concello de Tui, amais de explicar que o número de participantes rondará os 160. O seu secretario Xabier Martínez completou a información explicando a ruta que seguirán os ciclistas de Máster 50 e Máster 60, así como o percorrido algo máis longo que deberán facer os competidores de Máster 30 e Máster 40.
Pola súa banda, Guillermo Sande, en nome da Federación Galega de Ciclismo resaltou o bo labor do Club Ciclista de la Fuente e a idoneidade do percorrido deseñado. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, foi o encargado de pechar a presentación do Campionato de Galicia Máster de Ciclismo agradecendo o traballo das dúas organizacións e desexando un gran éxito de participación.
in Metropolitano

Sem comentários:

Enviar um comentário