sexta-feira, 14 de julho de 2017

O equipo de goberno de Tui finaliza o expediente para a apertura da primeira fase da rúa Ourense

O expediente expropiatorio será sometido a exposición pública durante en mes. É a primeira expropiación realizada polo Concello nos últimos 25 anos.
O equipo de goberno de Tui vén de rematar a tramitación do expediente de cara a apertura da primeira fase da rúa Ourense. Nos próximos días, tras a súa publicación nos boletíns oficiais, someterase a información pública durante un mes tempo no que se poderán presentar alegación.  De forma paralela dende o Concello remitiuse xa a notificación aos propietarios dos dous inmobles afectados que será preciso derrubar. Tras a resolución das alegacións que se poidan presentar o Concello de Tui levará a cabo o pago das expropiacións e se redactará a acta de ocupación previa á licitación da obra. A execución deste proxecto – prioritario para o goberno local - suporá o investimento de máis de 984 mil euros, para os que se habilitou crédito con cargo ao remanente de tesourería. Será a primeira vez en 25 anos que o Concello de Tui leve a cabo unha expropiación para a execución dunha obra de interese xeral, logo das realizadas para a construción do Paseo Fluvial sendo alcalde Miguel Capón.
Deste xeito en breve prazo o equipo de goberno de Tui fará realidade este proxecto ambicionado durante décadas pola cidadanía tudense, e que marcará un antes e un despois na ordenación do tráfico urbano no centro da cidade.  Esta primeira fase conectará a rúa Ourense dende a rúa Colón até a rúa O Rosal.
Para completar esta actuación o goberno municipal conta xa co proxecto da segunda fase da apertura da rúa Ourense que enlazaría a mesma coa Avenida da Concordia. No mesmo contémplase un vial de 160 metros de lonxitude por 21 metros de ancho, a expropiación de dúas vivendas situadas no enlace entre a rúa Ourense e a Avenida da Concordia, así coma dunha franxa da Finca Patazumba, onde amais será preciso trasladar o canizo existente. O orzamento total do proxecto desta segunda fase ascende a 1.042.225 € dos que 632.037€ corresponden a execución da obra e 410.188€ ás expropiacións. 

Sem comentários:

Enviar um comentário