segunda-feira, 10 de julho de 2017

Rafael Yebra e Arno Borkamp impartirán a II Aula Internacional de Saxofón no conservatorio de Tui

Será do 10 ao 13 de xullo. Están programados dous concertos o luns 10 e o xoves 13 na igrexa de San Domingos
O Conservatorio Profesional de Música de Tui acollerá do 10 ao 13 de xullo a II Aula Internacional de Saxofón. Esta actividade está organizada polo propio e a Asociación Fray Rosendo Salvado. Os profesores este ano serán Rafael Yebra do CMUS Superior de Vigo e Arno Borkamp do CMUS Superior de Amsterdam.
De forma paralela a actividade docente están previsto dous concertos dirixidos ao público en xeral na igrexa de San Domingos. O luns 10 ás 20.30h actuarán Rafael Yebra e Arno Borkamp e o xoves 13, tamén ás 20.30h, os alumnos participantes nesta II Aula Internacional de Saxofón. En ambos casos a entrada será de balde até completar o aforamento. Amais o martes 11 de 16 a 20h na biblioteca do Conservatorio poderá visitarse unha exposición de saxofóns da marca Selmer e material Vandoren a cargo de Mafer Música.
Esta II Aula Aberta de Saxofón está patrocinada polo Concello de Tui e conta coa colaboración de Metais Faíscas, Anpa Mestre Martínez Pose, Programal Vending, Ópera Prima, Mafer Música e a Deputación de Pontevedra.

Sem comentários:

Enviar um comentário