sexta-feira, 25 de agosto de 2017

Esta semana iniciáronse as obras para substituír o taboado do pantalán situado na rúa Olímpicos Tudenses

O pasado luns, 21 de agosto, comezaron as obras de substitución do taboado de madeira no pantalán situado na rúa Olímpicos Tudense, a carón do Centro Interfederado e dos clubs locais de remo e piragüismo. Este traballos suporán un investimento de 20.611,07€ procedentes de fondos propios do Concello de Tui.
 Manuel Penas de Alfer Metal, empresa que realizará as obras no pantalán, explicou o pasado 21 de xullo na presentación das obras que os traballos se prolongarán durante dúas semanas. A actual madeira está a ser substutuída por un material de última xeración con maior densidade que a madeira tropical – 1300 quilos – e maior porcentaxe de disipación da calor. A substitución do tarimado estase a facer por zonas para permitir o uso do resto do pantalán durante as obras garantindo as condicións de seguridade. 

Sem comentários:

Enviar um comentário