terça-feira, 29 de agosto de 2017

Tui convoca o proceso para cubrir prazas de profesor de violín, óboe e piano no Conservatorio de Música

Os interesados teñen ata o martes 5 de setembro para presentar as súas solicitudes
Até o martes 5 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para cubrir tres prazas de profesores para a Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Música de Tui.
Trátase dun profesor de composición e piano, un profesor de violín, e outro de óboe. Tamén está aberto o proceso  así coma para crear unha lista de reserva para profesor de piano.   
Aos tres profesores que sexan seleccionados neste proceso realizaráselles un contrato laboral a tempo parcial para impartir clases no Conservatorio e/ou Escola de Música de Tui da materia e instrumento correspondente ata o 31 de xullo de 2018. O profesor de piano e o de violín terán que impartir 30 horas semanais de clase de luns a venres, mentres que o contrato do profesor de óboe será de 6 horas semanais.
Por outra parte coa creación dunha lista de reserva para profesores búscase dispor dun sistema rápido, áxil e que cumpra os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, co fin de utilizalo para a cobertura de baixas, substitucións temporais e similares do posto de profesor/a de música na especialidade de piano.
As bases destas convocatorias poden consultarse na web www.concellotui.org

Sem comentários:

Enviar um comentário