quarta-feira, 9 de agosto de 2017

A Oficina e o Punto de Información Turística atenderon en xullo máis do dobre consultas que no mes anterior

11 mil persoas pasaron por estes servizos das que 8.400 foron turistas e 2.600 peregrinos 
Durante  o mes de xullo a Oficina Municipal de Información Turística na praza de San Fernando, e o Punto de Información Turística, na praza da Inmaculada, atenderon máis do dobre de consultas por parte de turistas e peregrinos que no mes anterior. En concreto en xullo pasaron por estes dous servizos de información turística 11.029 persoas das que 8.415 foron turistas e 2.614 peregrinos. No mes de xuño foran un total de 5.046 as consultas recibidas.
En concreto en xullo pasaron pola Oficina e polo Punto de Información 7.597 turistas nacionais e 818 estranxeiros. No turismo nacional destaca sobre todo coma lugar de procedencia dos que nos visitan Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia, mentres que Portugal, Italia, Reino Unido e Alemaña son os principais países de orixe dos estranxeiros, aínda que tamén houbo visitantes doutras nacionalidades coma franceses, australianos, chineses, suízos ou belgas.
Por outra parte no mes de xullo demandaron información 1.375 peregrinos nacionais, procedentes principalmente de Madrid, Sevilla, Valencia e Murcia, e 1.239 estranxeiros de chegados sobre todo de Portugal, Italia, Alemaña, EEUU e Francia.
No caso dos turistas demandan información sobre qué visitar en Tui e na contorna, onde aloxarse ou comer, ou qué actividades poden disfrutar. Mentres no caso dos peregrinos o selado da credencial, a información sobre as etapas do Camiño Portugués así coma os albergues existentes son as preguntas máis reiteradas.
As máis de 11 mil persoas que durante o mes de xullo pasaron tanto pola Oficina Municipal coma polo Punto de Información Turística, son un indicativo do alto número de visitas que recibiu a cidade no mes pasado. A estes datos hai que engadir os 1.200 peregrinos de distintas dioceses españolas que partiron de Tui cara Compostela o pasado 28 de xullo, ou os case 9 mil que lograron a Compostela tras percorrer o Camiño Portugués e que pasaron por Tui, dos que case 4 mil saíron da cidade.  A estes datos hai que sumar tamén os grupos organizados que chegan ata a cidade, que habitualmente non pasan pola Oficina de Turismo, xa que veñen acompañados de guías, coma o caso de cruceiristas que recalan en Vigo.
O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, fai un balance moi positivo dos datos rexistrados no pasado mes de xullo que sitúan a cidade coma polo de atracción polo seu rico patrimonio cultura, histórico e medioambiental, ao que se suma a ampla oferta de lecer con actividades culturais, deportivas,... e servizos coma o tren turístico da Eurocidade, un barco turístico no Miño, ou o servizo lanzadeira de taxis ao Parque Natural do Monte Aloia.
A Oficina Municipal de Turismo abre de luns a domingo de 9 a 13.20 e de 16 a 20.20h,  e o Punto de Información Turística atende de 10 a 14h de luns a venres.  

Sem comentários:

Enviar um comentário