quinta-feira, 31 de agosto de 2017

Posta en valor da Cidade Histórica de Tui con visitas culturais

O punto de partida é o Punto de Información Turística na praza da Inmaculada. Correrán a cargo do historiador tudense Suso Vila.
O pasado martes día 25 de xullo, comezaron as visitas culturais á cidade histórica de Tui. Celebraranse de luns a venres ás 12h á cidade medieval, e ás 20h ao barrio xudeu. Mentres os sábados, domingos e festivos terán lugar ás 20h cun percorrido pola cidade histórica.
Estas visitas organizadas polo Concello de Tui teñen carácter gratuíto e unha duración estimada de 60 minutos. O punto de partida é o Punto de Información Turística na praza da Inmaculada. Correrán a cargo do historiador tudense Suso Vila. 
in Infomiño

Sem comentários:

Enviar um comentário