Ofértanse 70 postos de exposición e venda. Celebrarase o 5 e 6 de maio no conxunto histórico
Até o venres 13 de abril está aberto o prazo de solicitude para participar na XXII Feira de Artesanía de Tui. A convocatoria vai dirixida a artesáns galegos con Carta de Artesán, ou doutras comunidades co carné acreditativo equivalente.
Ofértanse 70 postos de exposición e venda que se emprazarán na rúa Ordóñez, praza do Concello e Praza de San Fernando o sábado 5 e o domingo 6 de maio de 12 a 22h. Amais na praza de San Fernando participarán tamén a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire.
Para solicitar un dos postos os artesáns interesados teñen que cubrir o impreso de solicitude, dispoñible na web municipal ou na casa do concello, e envialo xunto con fotocopia da Carta de Artesáns ou equivalente, fotocopia do DNI e varias fotografías do material a expor, todo impreso en papel A4, ao Concello de Tui.
O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, realiza a convocatoria desta feira co obxectivo de apoiar a difusión e comercialización do produto artesán, ao tempo que se dinamiza o conxunto histórico da cidade e o centro comercial aberto.
Sem comentários:
Enviar um comentário