O Concello e a nova dirección do Centro Asociado de Pontevedra están a traballar para atopar unha solución estable
O equipo de goberno do concello de Tui, presidido por Carlos Vázquez Padín, reafirma o seu interese na continuidade da aula da UNED en Tui e sae ao paso do comunicado emitido polos catro grupos da oposición sobre a situación na aula da UNED.
Dende o Concello fanse as seguintes precisións:
O Concello de Tui está interesado en que a Aula da UNED continúe dando o seu servizo en Tui, en concreto o curso de aceso a maiores de 25 anos e o grado de Psicoloxía.
É verdade que nos últimos meses e a pesar do esforzo, mesmo persoal da concelleira, o funcionamento da UNED se viu afectado pola falta de conserxe, outra cousa é que esa falta sexa achacable ao concello de Tui, en moitas outras aulas da UNED en España son os padroados os encargados da contratación dos conserxes, en Tui a UNED di que non pode facelo por limitacións na taxa de reposición dos empregados públicos.
É falso que o concello non sufrague o gasto que implica ese conserxe, a cantidade está consignada nos orzamentos, o problema non está non está no financiamento senón na contratación, tanto UNED como Concello de Tui encóntranse con obstáculos legais para realizar esa contratación, e ese é o único punto en cuestión, quen contrata? debe o concello contratar de forma manifestamente irregular, por non dicir ilegal, como no pasado?. O actual equipo de goberno cre que o Concello de Tui é unha institución tan digna de respecto como a propia UNED.
O concello e a nova dirección da UNED en Pontevedra estamos traballando para encontrar unha solución estable ao actual problema que agardamos se poida concretar no inicio do vindeiro curso.
Sem comentários:
Enviar um comentário