O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, dirixiuse nos últimos días a Xestur interesándose polo estado actual das parcelas sen construír do Polígono Industrial de Areas.
Dende o Concello remitiron un escrito a Xestur, coma promotores do parque empresarial, logo de que a Asociación Empresarial do Polígono Industrial de Areas, puxera en coñecemento da alcaldía a súa inquedanza sobre as parcelas sen construír que existen no parque empresarial. Nese senso o alcalde, Carlos Vázquez Padín, salientou que dende o Concello comparten esta preocupación co colectivo empresarial indicando que “é fundamental poñer ese chan industrial a dispor de quen desexe crear unha empresa e xerar emprego” xa que considera que non ten sentido ter chan industrial bloqueado con máis de 1.400 desempregados no municipio.
Sem comentários:
Enviar um comentário