Será este mércores, 25 de abril, ás 9h, dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo
Este mércores, 25 de abril, a partir das 09.00 horas, dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, ao carón do río Miño, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago.
As patrullas da Brilat e as patrullas chegadas dende as unidades de Asturias, Córdoba, Badaxoz, Tenerife, Ferrol e Valladolid, tomarán a saída para realizar un total de 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela. Ao longo do percorrido afrontarán sete probas: un percorrido topográfico, unha proba de tiro de precisión, o paso da pista de obstáculos, unha baixada facendo rápel, o paso do río Lerez nadando, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.
A proba rematará o venres 27 ás 11h co acto de clausura e entrega de premios do concurso de patrullas Tui-Santiago na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. A continuación asistirán á misa do Peregrino.
Sem comentários:
Enviar um comentário