domingo, 15 de abril de 2018

O IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote celebrarase en Tui este domingo 15 de abril

Reunirá a máis de 60 participantes de Galicia e Portugal
Este domingo, 15 de abril, o Club Náutico San Telmo, en colaboración co Concello de Tui, organizará o IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos, na modalidade spinning a flote, que se desenvolverá no río Miño, entre Goián e Salvaterra do Miño.
A organización agarda reunir a máis de 60 deportistas de Galicia e Portugal, que dende as 9.00 ata as 18.00 horas españolas, navegarán polo río Miño en busca das mellores pezas, que serán pesadas no edificio do Náutico San Telmo ao remate da xornada, pechando o concurso coa entrega de trofeos as 18.30 horas.
As inscricións están abertas ata mañá xoves, 12 de abril, no edificio do Club Náutico San Telmo, no enderezo electrónico nautico@cnsantelmo.com, ou no teléfono 657 87 57 16.

Sem comentários:

Enviar um comentário