O próximo mércores, ás 12h, na casa do Concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a unha representación do COAG, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, presentarán o concurso internacional de ideas para reordenar a beira do río Miño dende a vella Ponte Internacional até a Alameda de San Domingos.
O obxectivo desta convocatoria será que distintos profesionais da arquitectura tanto de Galicia coma de Portugal poidan presentar as súas ideas para embelecer e mellorar todo o tramo do Miño no seu percorrido urbano.
O financiamento do concurso será con cargo ao remanente de tesourería, polo que a próxima semana será levado ao pleno ordinario de abril. Por tanto a realización do concurso depende da aprobación plenaria da correspondente contía económica.
Sem comentários:
Enviar um comentário