quinta-feira, 12 de maio de 2011

Artestudio Teatro presenta “Contos no ar”


O espectáculo vai dirixido a público familiar a partir dos 5 anos
 Mañá venres prosegue a programación do Teatro Municipal de Tui da man da compañía Artestudio Teatro que representa a partir das 20h “Contos no ar”. Este espectáculo vai dirixido a público familiar a partir dos 5 anos.  Está dirixido e interpretado por Ramiro Neira.
As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.
Artestudio Teatro con “Contos no ar”
Data:  Venres, 13 de maio, ás 20h
Prezo das entradas: 3 - 2
Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h

Sem comentários:

Enviar um comentário