O Concelleiro de Cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, xunto ao técnico da Biblioteca Municipal, Rafael Sánchez, presentaron nunha rolda de prensa o programa de actividades que baixo a denominación de “Mes dos Libros” abrangue os meses de maio e xuño arredor de diversas actividades arredor do libro e a lectura.
Este programa, que realiza a Biblioteca Municipal, por quinto ano consecutivo comeza mañá martes 10 de maio coa celebración dun espectáculo de monicreques polo grupo “Títeres Tanxarina” titulado “Timoteo”. Trátase dunha adaptación do conto de Terry Jones. Unha historia relatada con animacións diversas e traballo actoral, nun divertido e permanente xogo escenográfico cheo de "gags" imaxinativos e situacións cómicas. Tres tolos titiriteiros coa axuda dos monicreques contarannos historias que falan de cousas de agora mesmo, con todo o sabor dos contos tradicionais: o valor da amizade, tres portas e un concurso, sapos e mariñeiros… e unha chea de sorpresas.
Resaltaron nesta presentación a diversidade de actividades que abrangue o programa que pretende ofrecer proposta de achegamento ao mundo dos libros e a lectura dende diversos enfoques: de idade, de temática, etc.
O programa é o seguinte:
Martes 10 de maio:
“Timoteo” obra de monicreques con Títeres Tanxarina
Biblioteca Municipal - 18,30 horas
Coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través do programa “Letras Vivas”
Xoves 12 de maio:
Vento Lois
Recital poético e musical arredor de Lois Pereiro
Biblioteca Municipal - 20,30 horas
Venres 13 de maio
“Contos no ar” pola compañía “Artestudio Teatro”
Teatro Municipal - 20,00 h.
Luns 16 de maio:
Presentación do libro de Antonio García Rivas “Galicia nas ondas”
Sala Felix Rodríguez, 20,30 horas
Martes 17 de maio: Día das Letras Galega
12,00 a 22,00 h.: XIV Feira do Libro Galego
Paseo da CorredoiraPublicar mensagem
Venres 20 de maio
“Memorias dun neno labrego” por “Abrapalabra Creacións Escénicas”
Teatro Municipal, 21,30 horas
Xoves 26 de maio
“Contos do demo” por Fantoches Baj
Biblioteca Municipal - 18,30 horas
* CXX Aniversario dos Xogos Florais de Galicia
Venres 24 de xuño: Recital poético na Igrexa de San Domingos, 21,00 h.
Sábado 25 de xuño: Banquete dos Xogos Florais, Parador San Telmo, 22 h.
O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, salienta o importante esforzo que ven desenvolvendo a Concellería tudense pola promoción da lectura pública a través da Biblioteca Municipal. Unha actividade que ten acadado, por cinco anos consecutivos, un dos premio “María Moliner” que concede o Ministerio de Cultura xunto á Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola España.
Sem comentários:
Enviar um comentário