Esta semana comezou a impartirse en Tui un curso de xardinería ao abeiro do programa Actívate da Deputación de Pontevedra. No mesmo formaranse 22 persoas de entre 16 e 35 anos. As clases teñen lugar no Centro de Formación en Guillarei de luns a venres de 9.30h a 13.30h. O alcalde, Moisés Rodríguez, xunto aos concelleiros Olga Montes e José Ángel Villaverde, deron a benvida aos alumnos do curso convidándoos a sacar o máximo aproveitamento desta actividade formativa.
En breve está previsto o inicio doutro curso tamén ao abeiro do programa Actívate, neste caso será de “Cociña tradicional”.
Dende o Concello de Tui explican que coa realización destes cursos en colaboración coa Deputación de Pontevedra proséguese a traballar na formación, coma ferramenta básica e eficaz na inserción laboral das persoas desempregadas do municipio de Tui. Insisten no feito que cando maior formación posúan os parados máis posibilidades terán de acceder ao mundo laboral.
Sem comentários:
Enviar um comentário