O cinema infantil chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui de mans de Cinema Anera Films coa proxección de “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”.
A película achéganos a historia da vaca Mumu que está disposta a cambiar todo o preciso para ser tan especial coma unha estrela. Xa non querer formar parte da tropa de trapo xunto aos seus amigos feitos de teas diferentes e cheos de manchas de cores de xogar no campo. Descubrir un branquísimo rabaño de ovellas faille desexar ser coma elas, máis aínda ao saber que forman parte dun gran espectáculo. A proxección está recomendada para público familiar a partir dos 2 anos e ten unha duración de 76 minutos.
As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h, ou poderanse mercar o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Cinema infantil: A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol
Data: Sábado, 15 de novembro, ás 19h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Duración: 76 minutos
Venda de entradas: venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 13h, ou poderanse mercar o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário