O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira da Praza de Abastos, Olga Montes, visitaron as obras de “Reordenación interior, mellora de instalacións e accesibilidade da Praza de Abastos Municipal de Tui”. Os traballos marchan a bo ritmo e deben de estar rematadas a finais de mes para que a Praza de Abastos volva abrir de novo o 1 de decembro de cara á inminente campaña de Nadal.
As obras foron adxudicadas á Unión Temporal de Empresas Construcciones Castro Figueiro S.L. – Altrasan S.L. por un importe de 139.207,88€. O financiamento corre a cargo nun 75% da Consellería de Economía e Industria e o 25% restante é aboado polo Concello de Tui.
A renovación integral da rede de saneamento e a reposición do chan con firme non esvaradío nun superficie de 950 metros cadrados forman parte destas obras nas que tamén se contempla demolición dos postos centrais existentes para facer bancadas abertas. Outro dos traballos consisten na adaptación dos baños para discapacitados, a apertura de dúas novas portas de acceso, e a colocación de portas automáticas para eliminar as correntes.
De forma paralela a estas obras levouse a cabo cos praceiros e praceiras unha actividade de Mentoring Comercial.
Sem comentários:
Enviar um comentário