Mañá mércores, 5 de novembro, máis de 200 alumnos do 3º ciclo de Primaria do CEP Foxo de Caldelas, Colexio Marista Santa María, CEIP Nº1, Nº2, e Pazos de Reis asistirán a proxección da película “ET el Extraterrestre” no Teatro Municipal de Tui. Esta proxección forma parte do programa “O Cine nas aulas” promovido polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui. O CEIP de Randufe participa tamén neste programa facendo o visionado no centro escolar. Este programa englóbase dentro do contexto da educación para a saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema, mediante a proxección dunha película se irá afondando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde, pois o cine nos divirte pero tamén nos axuda a pensar e aprender.
Os alumnos recollerán no Teatro Municipal as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas os alumnos/as. Estas unidades foron elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello do Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário