Este venres 28, a partir das 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui, se celebrará a III Gala do Deporte Tudense, acto onde se entregarán os Premios Deporte Tudense 2014, nas categorías deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, clube deportivo e clube deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial, entidade colaboradora co deporte, así como dúas mencións honoríficas.
O xurado desta terceira edición estivo conformado por Jose Ángel Villaverde, concelleiro de Tui; Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, colaborador con varios clubs e probas deportivas no noso concello, director de procesos sen ingreso e urxencias da estrutura de xestión integrada de Lugo-Cervo-Monforte, membro do Comité Autonómico de Ética da investigación clínica ; Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico; Eduardo Sousa, xerente deportivo, que foi presidente e adestrador do Club Kaiak Tudense, árbitro de baloncesto da primeira división nacional, e comentarista deportivo en diferentes medios de comunicación; Jose Manuel Quintana, ex-directivo e ex-responsable das escolas deportivas do Tyde F.C., e Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, responsable das escolas deportivas do Club Balonmán Tui e deportista do Club Remo Tui.
O acto contará con dúas actuacións en directo unha de baile deportivo e outra de hip-hop ademais de poder ver un resumo en vídeo dos principais acontecementos deportivos celebrados neste 2014.
O alcalde de Tui Moisés Rodríguez, salientou que esta é unha magnífica oportunidade para homenaxear a todas as persoas que practican deporte no Concello de Tui, tanto a aquelas que o fan o mais alto nivel, coma a aquelas que o fan simplemente por diversión ou por manterse en forma. Engadía que o nivel deportivo do noso concello non ten deixado de aumentar nos últimos anos e convida a todo o mundo do deporte local a gozar desta auténtica festa do deporte
Sem comentários:
Enviar um comentário