Este próximo domingo 30, dentro do programa de andainas saudables da Eurocidade Tui-Valença, realizarase o último percorrido polo Concello de Tui. Nesta ocasión a andaina “Pozas de Cabaciñas” sairá dende o aparcadoiro do Bar do Monte Aloia, ás 10.00 horas españolas (09.00 horas portuguesas). O punto de encontro alternativo será a estación de servizo da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas (08.45 PT).
A andaina terá unha distancia a percorrer de ao redor de oito quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil e a duración aproximada de dúas horas e media.
Con esta andaina finalizan os percorridos polo Concello de Tui do programa de andainas saudables da Eurocidade, que rematará co último trilho por Valença, o día 13 de decembro, “Insua do Castro”.
Sem comentários:
Enviar um comentário