Esta mañá tivo lugar a clausura do curso de Xarnidería impartido en Tui ao abeiro do programa Actívate da Deputación de Pontevedra. Cunha duración de 40 horas lectivas no mesmo formáronse 22 persoas de entre 16 e 35 anos. A concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, foi a encargada de clausurar o curso e entregar os diplomas aos participantes.
En breve está previsto o inicio doutro curso tamén ao abeiro do programa Actívate, neste caso será de “Cociña tradicional”.
Sem comentários:
Enviar um comentário