quarta-feira, 12 de novembro de 2014

ASAMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE HOXE MÉRCORES EN TUI

Este mércores 12 de novembro as 20:30 horas na sala Felix Rodríguez na traseira da Área Panorámica de Tui se celebrará unha asemblea aberta das Marchas da Dignidade co obxectivo de chamar a participación na mobilización do 29 de novembro.
Baixo o lema "Pan, traballo e teito", as Marchas da Dignidade nacen da confluencia de colectivos sociais, asociacións, plataformas de persoas afectadas, organizacións políticas, grupos veciñais, intelectuais, artistas e persoas a título individual que entendemos que tan só desde a unidade podemos dar resposta á situación de emerxencia social na que nos atopamos. Unha emerxencia social que vén debido ás sangrantes cifras de paro, a reforma laboral e os recortes sociais que son as ferramentas utilizadas polos poderes económicos para seguir mantendo e aumentando as súas cotas de beneficios, mentres abócasenos ao pobo a unha situación cada vez máis preto da pobreza.
Por iso, desde a Marcha da Dignidade no Baixo Miño, chamamos a veciñanza a participar este mércores 12 de novembro na asemblea aberta en Tui e a tomar o Obradoiro en Compostela o 29 de novembro. Necesitamos unha mobilización unitaria e masiva contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contras os recortes, a represión e a corrupción, pola renda básica, por unha sociedade de mulleres e homes libres; unha mobilización contra un réxime e uns gobernos que nos agriden e non nos representan. Unha mobilización camiño á conquista das nosas vidas.
in Infominho

Sem comentários:

Enviar um comentário