Dende mañá, 11 de novembro, e ata o 30 deste mes a Praza de Abastos de Tui permanecerá pechada de forma temporal debido a execución de distintas obras. O mercado de abastos tudenses volverá a abrir as súas portas o luns 1 de decembro remozado de cara á época de Nadal.
As obras a acometer teñen un orzamento de 199.999,45€ financiados nun 75% pola Consellería de Economía e Industria e no 25% restante polo propio Concello de Tui.
Un dos principais traballos a acometer será a reparación da rede de saneamento do edificio ao tempo que se aproveitará para substituír o firme por un non esvaradío. O aspecto da praza cambiará de xeito importante tras estas obras xa que serán demolidos os postos centrais e construiranse bancadas abertas dotando á Praza de Abastos dunhas instalacións máis modernas e cómodas. A remodelación abranguerá tamén os aseos que serán adaptados para discapacitados, ao tempo que se instalarán portas automáticas nos acceso para evitar as correntes de aire no interior.
Dende o Concello de Tui piden desculpas aos clientes da Praza de Abastos polas molestias que este peche temporal lles poida ocasionar, pero é necesario este parón na actividade ao longo de vinte días para así realizar as obras en tempo record, e que o mercado estea listo para a época de Nadal na que se incrementan de forma notable as vendas.
Sem comentários:
Enviar um comentário