A vida de tres mulleres de tres xeracións sae a escena en “Meu ben” a obra que Eme2 representa este venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui.
Álvaro Lavín dirixe a Rocío González, Elina Luaces e Mercedes Castro nun representación teatral baseada no texto de Elaine Murphy.
O espectáculo retrata a vida de tres mulleres dunha mesma familia, tres mulleres de clase media que viven un ano completamente extraordinario. A máis nova, Amber, acaba de rematar o instituto. A súa nai Lorraine ataca a un cliente no traballo polo que ten que visitar un “médico da cabeza” que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de se apuntar a clases de salsa! A avoa Kay, pola súa banda, tenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo. Tres xeracións de mulleres de clase media contan a historia dun ano extraordinario.
A obra foi estreada en 2008 pola compañía Guna Nua, converténdose rapidamente nun éxito. En 2009 foi galardoada co prestixioso premio Carol Tambor do Festival de Edimburgo sendo a primeira produción irlandesa en levar esta distinción. Desde aquela leva cativando ao público arredor do mundo con producións nas Illas Británicas, en Australia e en Nova York. Agora chega ao estado español da man de Eme2.
As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.
Eme2 con “Meu ben”
Data: Venres, 14 de novembro, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Duración: 90 minutos
Venda de entradas: venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário