domingo, 19 de abril de 2020

O luns ás 20.30 h repicarán as campás da Catedral e das igrexas tudense para celebrar a festividade de San Telmo

OS NENOS PODERN GOZAR COAS PROPOSTAS RADIOFÓNICAS DE MARÍA FUMAÇA E MAMÁ CABRA
Tui preparase para vivir dende a casa a fin de semana das Festas de San Telmo. Dende o Concello programáronse unha serie de actividades para vivir este #SanTelmoNaCasa. As redes  sociais municipais e a participación veciñal son nexo condutor das iniciativas propostas.
A música é un dos elementos esenciais en toda festa, e tamén o é nas festas de San Telmo. Por este motivo convidouse a unha serie de músicos a enviar a súa mensaxe nestes festexos. En formato vídeo están a ser compartidos nas redes sociais municipais as mensaxes das Raquel e Sara Areal Martínez, Andrea González e Daniel Pereira, Pancho Álvarez, Samuel Diz, Aloia Martínez, Ángel Sanchez e Antón e Ramón Corral. Durante a fin de semana será a quenda mensaxes institucionais.
PROGRAMACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas teñen o seu lugar destacado neste San Telmo na Casa. Hoxe mesmo lánzaselles a proposta de crear o seu cabezudo seguindo un vídeo co paso a paso para a súa elaboración. Amais haberá dous programas especiais de radio, a través da Radio Municipal de Tui, que se emitirán o sábado ás 17 h a cargo de María Fumaça, e o domingo ás 17 h con Mamá Cabra, e que se volverán emitir o luns ás 11 h e ás 17 h respectivamente.
Mamá Cabra presenta en formato radiofónico “A fraga do meu avó”, o seu máis recente traballo que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. Gloria Mosquera, voz e creadora de Mamá Cabra, convídanos a pasear xuntas por esa fraga e a coñecer os seus carballos, as súas píntegas e curuxas...  Mentres a familia María Fumaça presentará o seu novo disco “O veleiro verde”  xunto a outras cancións de anteriores traballos.
Dende o Concello de Tui convídase a nestas xornadas festivas facer de altofalante das festas e colocar a radio no balcón ou ventá para reproducir a “sesión vermú festiva” que a Radio Municipal de Tui emitirá mañá sábado, o domingo e o luns de 12.30 h a 13.30 h. Tamén se convida a colocar a bandeira de Tui en ventás ou fiestras durante a fin de semana.  
Haberá tamén outras proposta e sorpresas durante a fin de semana.
O LUNS DE SAN TELMO REPICARÁN AS CAMPÁS DA CATEDRAL E DAS IGREXAS TUDENSES
 O luns, festivo local en Tui, destaca ás 20.30 h o repique das campás da Catedral e das todas ás igrexas tudenses durante cinco minutos. Dende o Concello quérese agradecer a magnífica acollida que tivo esta proposta tanto por parte do Deán da Catedral, coma dos distintos párrocos tudenses.
PARTICIACIÓN VECIÑAL
Estas son unhas festas que viveremos dende a casa pero tamén nas redes sociais. A comezo de semana plantexouse xa que a veciñanza compartise os seus recordos e os seus desexos de futuros para estes festexos. Agora é a quenda de enviar as mensaxes de felicitación co hashtag #SanTelmoNaCasa e etiquetando ao Concello de Tui en Facebook, Twitter e Instagram. Son xa varias a mensaxes que están a ser publicadas por parte de cidadáns anónimos, asociacións, empresas, establecementos, músicos… uníndose a estas festas de San Telmo na Casa.

Sem comentários:

Enviar um comentário