Estes días veñen de rematar as obras de arranxo das cubertas en tres lavadoiros situados na parroquia de Malvas.
A actuación, que supuxo un investimento de fondos municipais superior aos 2.500€, levouse a cabo nos lavadoiros de O Pozo da Ría e Fonte do Cura no barrio da Estrada, e no do Pozo da Devesa na Devesa, os tres situados en Malvas.
O Concello de Tui, a través da concellería de Patrimonio, acometeu estas actuacións contando amais coa colaboración da Comunidade de Montes de Malvas. O obxectivo da actuación foi arranxar os desperfectos – con tellas rotas, madeiras en mal estado, … - que presentaban estes elementos apostando así polo mantemento do patrimonio tamén nas parroquias.
Sem comentários:
Enviar um comentário