Mañá 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Por este motivo a Biblioteca Municipal de Tui convidan a festexar esta data dende o confinamento doméstico con catro propostas. Son as seguintes:
Ler en familia algunha obra de literatura infantil, especialmente recomendada a lectura de contos polos pais e nais aos fillos máis cativos para fomentar o gusto polos libros e a lectura.
Participar no concurso promovido por Galix “Un poema na túa voz”. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, animámos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas e as enviedes a Galix. + información
Acceder a literatura infantil e xuvenil dende casa, algunhas que recomendamos son:
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual
O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.
A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura en Kalandraka TV.
Contos contados
Vídeos musicais
Cantar e contar
En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer das nosas crianzas.
Atoparedes vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego na web do Xabarín en CRTVG. Non vos perdades os divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia. Na canle YouTube do Xabarín.
Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.
Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Máis información na web da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Galix.
Dende a Biblioteca Municipal lembramos que os nosos socios ou calquera cidadán pode acceder a “Galicia Le”.
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.
En definitiva, dende a nosa casa temos moitos xeitos de celebrar este Día do Libro Infantil e Xuvenil . Boas lecturas para todos!
Sem comentários:
Enviar um comentário