Cada tarde ás 20 h dende hai 50 días soan os aplausos escribindo no aire a palabra “Grazas” a sanitarios, a forzas e corpos de seguridade, a todos aqueles que teñen velado por nós…
Cada tarde a esa hora a Policía Local, Protección Civil e sanitarios percorren as rúas tudenses facendo soar as sirenas e aplaudíndonos tamén por quedar na casa.
Agora cando pouco a pouco podemos volver saír nas franxas horarias establecidas, hoxe será o derradeiro día no que se realice este percorrido polas rúas de #Tui.
Grazas pola responsabilidade demostrada nestes dous meses, grazas por quedar na casa!
Sem comentários:
Enviar um comentário