terça-feira, 19 de maio de 2020

Mañá non se poderá estacionar nin circular pola rúa Augusto González Besada

VAISE PROCEDER AO PINTADO DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL PREVIA AO ESTABLECEMENTO DO SENTIDO ÚNICO NESTA VÍA
Mañá mércores, 20 de maio, vaise proceder ao pintado da sinalización horizontal na rúa Augusto González Besada, como paso previo ao establecemento do sentido único de circulación nesta vía.
Por este motivo mañá dende ás 8 h non se poderá estacionar neste rúa, e tampouco se poderá circular salvo para o acceso á rúa Rosa Bahamonde ou Foxo.
O pintado da sinalización horizontal comprenderá tanto a sinalización do sentido único de circulación coma das prazas de aparcamento.
Unha vez rematen estes traballos a rúa Augusto González Besada pasará a ter un único sentido de circulación que irá dende o cruzamento entre a rúa Martínez Padín, Colón e Ourense cara ao Paseo da Corredoira. Coma consecuencia deste cambio no tráfico outras dúas rúas no entorno da Praza de Galicia cambiarán de sentido de circulación. A circulación na rúa Camilo José Cela irá dende o Paseo da Corredoira cara a Praza de Galicia, e a rúa que comunica esta praza con Augusto González Besada para a ter este sentido.

Sem comentários:

Enviar um comentário