A Sala “Félix Rodríguez”, no edificio Área Panorámica de Tui con entrada polo aparcadoiro municipal, acollerá mañá martes 17 de xuño, ás 20,00 horas, a presentación do libro do profesor Manuel Fernando Sousa e Silva titulado “Los pastorcillos de Fátima” recentemente editado pola editorial madrileña Homolegens. Neste acto se contará coa presenza do propio autor e do traductor desta obra do portugués ao español, D. Manuel de Santiago González, párroco de Santa María da Guía – Randufe (Tui).
Hai poucas datas o libro foi presentado en Madrid polo Nuncio da Súa Santidade en España, Monseñor Manuel Monteiro de Castro, quen valorou moi positivamente esta obra, pois nas súas páxinas amais de aportar información de alto interese con datos precisos, lugares concretos e sabia doutrina, podemos contemplar a historia de Fátima como “un capítulo significativo para o coñecemento da vida humana (…) é unha mostra da intervención de Deus e da mediación de Nosa Señora na vida das persoas, dos pobos e das nacións en pleno século XX”.
Sobre esta obra José Francisco Serrano, decano da Facultade de Humanidades e Ciencias da Comunicación do CEU de Madrid, sinala que “non estamos diante dunha historia bonita, diante dun libro de aparente lectura espiritual nin diante dunha narración novelada senón que é unha obra de Teoloxía da Historia (…) pois Fátima representa a historia contemporánea (…) que é un diálogo ao longo do tempo entre a liberdade do home e a proposta de Deus”.

Ao día seguinte, o mércores 18 de xuño esta obra será presentada na cidade de Vigo, concretamente no Seminario Maior “San Xosé” tamén ás 20,00 horas do serán.
Sem comentários:
Enviar um comentário