O Consorcio de Augas do Louro ten realizado durante os últimos tres meses, coincidindo cos períodos de seca extrema de finais de ano e coas intensas choivas que se veñen reproducindo dende entón, máis de 1000 análises de ata 25 parámetros diferentes para o control da auga potable, o que ten permitido dar resposta ás variacións na calidade da auga que chega ás plantas de potabilización co obxectivo de garantir o cumprimento dos requirimentos sanitarios legalmente esixidos.
Neste sentido, o Consorcio ten remitido máis de 20 informes aos requirimentos da Consellería de Sanidade, que pola súa banda ten realizado arredor de 150 analíticas e 14 inspeccións en diferentes datas e puntos das redes de abastecemento xestionadas por este organismo público nos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.
Como resultado desta intensa campaña de control, e a pesar de ter sido comunicadas e solucionadas determinadas incidencias nalgún valor paramétrico como o caso do ferro, o Consorcio do Louro garante que se teñen cumprido os requisitos sanitarios contidos no RD 140/2003 e documentos de desenvolvementoo aprobados polo Ministerio de Sanidade e Consumo, manténdose a auga en todo momento apta para o consumo humano.
Sem comentários:
Enviar um comentário