De 20.30 a 21.30h será apagada a iluminación da Catedral de Tui
Por sexto ano consecutivo o Concello de Tui súmase á Hora do Planeta, unha iniciativa posta en marcha hai 11 anos pola ONG WWF coa que se pretende concienciar sobre o cambio climático e amosar o compromiso coa defensa do medio ambiente.
En Tui como acto simbólico este sábado, 24 de marzo, de 20.30h a 21.30h apagarase a iluminación da Catedral de Santa María, como o monumento máis emblemático da cidade. Amais dende o Concello de Tui faise un chamamento á cidadanía a sumarse a esta campaña e apagar tamén as luces este sábado de 20.30h a 21.30h.
A ONG WWF plantexa nos próximos tres anos aproveitar a capacidade do mobilización da Horal do Planeta para sensibilizar ao mundo sobre o cambio climático e perda de vida salvaxe, xa que son dous problemas asociados.
Sem comentários:
Enviar um comentário