As clases luns e mércores serán no antigo Convento de San Domingos e os martes, xoves e venres na Área Panorámica
Esta mañá reuníronse na casa do concello de Tui o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e a secretaria do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, María Troncoso, para buscar unha solución á apertura da aula tudense.
Nesta reunión ambas institucións, Concello e UNED, recoñeceron os obstáculos legais cos que se atopan para poder realizar a contratación do persoal preciso para a apertura da aula de luns a venres. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, sinala que estas dificultades veñen dadas pola contratación do persoal e non polo financiamento dese posto de traballo xa que o concello garante e garantiu en todo momento o asumir o custe que conlevaría.
De aquí a finais do presente curso académico 2017/18 Concello e UNED chegaron ao acordo de que o Centro Asociado da UNED en Pontevedra enviará os luns e mércores, en comisión de servizos, a persoal deste centro para a apertura da aula no antigo convento de San Domingos. Mentres o resto da semana, os martes, xoves e venres, as clases trasládanse a aula CEMIT na Área Panorámica.
Sem comentários:
Enviar um comentário