Convídase a colocar un globo morado en postos de traballo e fogares onde haxa unha muller
“Pola igualdade real, tí es unha peza clave” é o lema baixo o que este ano o Concello de Tui vai conmemorar o Día Internacional da Muller, co obxectivo de visibilizar á muller e ao tempo que implicar a toda a sociedade en lograr unha igualdade real.
O acto central terá lugar mañá xoves, 8 de marzo, ás 12.30h diante da casa do concello cunha concentración e a lectura dun manifesto que será lido por unha traballadora do Concello.
Amais para visibilizar a presenza das mulleres tense convidado as mulleres que teñen un posto no mercado semanal que se celebra os xoves na cidade, ás praceiras do Mercado Municipal, a colocar un globo morado. Convite que se fai extensivo aos comercio, empresas, centros culturais, fogares,... onde haxa unha muller.
Por outra parte a campaña está presente tamén na internet a través da web municipal e das redes sociais do concello – Facebook e Twitter – así coma da Radio Municipal de Tui. En concreto nas redes sociais do concello e da emisora municipal haberá unha mensaxe diaria dende hoxe e até o domingo dentro desta campaña do 8M. Por outra parte na Radio Municipal de Tui as mulleres teñen a voz protagonista esta semana coas entrevistas diarias a algunhas deles de diversos sectores. A actriz Laura Villaverde foi a primeira entrevistada, seguida da avogada Charo Varela,.... Ao tempo a música de mulleres será a protagonista mañá xoves nos distintos programas.
Sem comentários:
Enviar um comentário