Tivo lugar no Teatro Municipal de Tui a derradeira proxección deste curso do programa “O Cine nas aulas” desenvolvido dende o departamento de Prevención do Concello de Tui.
Un total de 232 alumnas e alumnos de 2º de ESO e 14 profesoras e profesores /as dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Seminario Menor San Paio e do Colexio Marista Sta María, acudiron á proxección.
No propio teatro recolleron as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello, coas que logo traballarán nas aulas sobre o respecto aos demais, a igualdade de dereitos e oportunidades, e valores coma a constancia ou empatía.
A metodoloxía do curso é que o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilita, serve como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía.
No programa “O Cine nas aulas” o cinema convértese nunha ferramenta eficaz de traballo para abordar distintos temas. Así coa película que se proxecta cáptase a atención dos máis novos, apóiase a súa capacidade de reflexión e favorécese a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta o filme. Tamén permite profundar noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.
Sem comentários:
Enviar um comentário