Once persoas participan no curso de Deshabituación Tabáquica organizado polo Concello de Tui e impartido pola Asociación Española contra o Cancro.
Dende o ano 2010, con carácter anual, o Concello de Tui, a través do Departamento de Prevención de Drogodependencias leva a cabo este programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono o tabaco. Ao longo das sete sesións previstas os e as participantes reciben apoio técnico, consellos, compañía e recompensas. En anos anteriores o 70% dos participantes deixaron de fumar.
O pasado día 24, cando se celebrou a primeira sesión coa terapeuta , achegouse até a Área Panorámica, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, para dar á benvida ás persoas participantes nesta acción.
Sem comentários:
Enviar um comentário