ACTUOUSE AO LONGO DE OITO QUILÓMETROS CAMBIANDO MÁIS DE MIL BALDOSAS ROTAS OU EN MAL ESTADO
O Concello de Tui vén de rematar estes días as obras de arranxo das beirarrúas na Po 404 entre Guillarei e Caldelas. Actuouse nun total de oito quilómetros cambiándose máis de mil baldosas cerámicas que estaban rotas ou en mal estado. A actuación tamén comprendeu a realización de xuntas de dilatación en cada desnivel, xa que as beirarrúas carecían delas o que provocaba o levantamento e rotura das lousas.
O Concello de Tui, con fondos propios, contratou a unha empresa para acometer estes traballos no tramo comprendido dende a intersección da Po 404 coa N 550 en Guillarei, até a parroquia de Caldelas, no límite con Porto en Salvaterra.
Co arranxo de estas beirarrúas o goberno municipal da resposta a unha vella demanda da veciñanza.
As beirarrúas na Po 404 – estrada de titularidade autonómica – foran realizadas polo Concello de Tui no ano 2009 con fondos estatais, polo que o mantemento das mesmas corresponde á administración local por ser quen no seu día executou as obras.
Sem comentários:
Enviar um comentário