quinta-feira, 6 de fevereiro de 2020

Caramuxo Teatro con "Zapatos" en Tui

Data: 8/02/2020
Lugar: Teatro Municipal de Tui
O sábado, 8 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui Caramuxo Teatro presenta "Zapatos" en dobre función, ás 17 h e ás 18.30  h. A capacidade de cada pase estará limitada a 100 espectadores. 
Sinopse: Unha rapaza coida os zapatos que xa ninguén usa, e que chegan a un recuncho dun agochado xardín. Alí comparten fantásticas historias e vivencias cheas de emoción.
Espectáculo recomendado pola Rede Nacional de Teatros.
Autoría, dirección, adaptación: Juan Rodríguez
Escenografía, música, son, iluminación: Caramuxo Teatro
Elenco: Laura Sarasola
Xénero: Teatro para bebés
Clasificada:
Recomendada: 1-4 anos
Duración: 30 minutos
Idioma: Galego
Prezos: 3€ - 2€
Aforo limitado a 100 espectadores por pase
As entradas poranse á venda dende unha semana antes até o día do espectáculo en www.culturatui.info, e o mesmo sábado 8 de febreiro dende ás 15.30 h no despacho de billetes. Prezo 3€ entrada xeral, e 2€ entrada infantil e para as persoas que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos. 

Sem comentários:

Enviar um comentário