PODERÁ VISITARSE ATÉ O SÁBADO 29.
O anexo da Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica acolle até o sábado, 29 de febreiro, a mostra “As raigañas do Entroido” do fotógrafo Fernando Seadur.
Mañá mércores, 12 de febreiro, ás 10.30 h haberá presentación da mostra a cargo do propio autor, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.
Nesta exposición reúnese unha pequena escolma do amplo arquivo, integrado por máis de 80 mil fotografías, sobre o Entroido galego realizadas por Fernando Seadur.
Fernando Seadur ten percorrido durante anos cada recuncho de Galicia inmortalizando coa súa cámara o Entroido máis rural e tradicional. Pero tamén ten fotografado romarías, curros e outras tradicións.
Este fotógrafo é natural da aldea de Seadur, no concello ourensán de Larouco, nome que emprega coma apelido profesional, e na actualidade está afincado en Gondomar.
A mostra está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, dependente da Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui.
A exposición pode visitarse de luns a venres de 9:30h a 14.00 h e de 15.30 h a 21:00 h, e os sábados de 9:30 h a 14:00 h.
Sem comentários:
Enviar um comentário