quinta-feira, 6 de fevereiro de 2020

“Marxes líquidas” de María Fandiño e Miriam García gaña o concurso de ideas para a reordenación da fronte fluvial do Miño

MAÑÁ ÁS 20 H NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS FARASE A ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME
A proposta “Marxes Líquidas”, do equipo formado por María Fandiño Iglesias e Miriam García García, é a gañadora do concurso de ideas de Reordenación da Fronte Fluvial do río Miño en Tui, convocado polo Concello de Tui en colaboración co COAG, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.  O premio está dotado con 18 mil euros.
Mañá venres, 7 de xaneiro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica,  terá lugar a entrega de premios do concurso.  O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, membros da corporación municipal, do COAG, e dos autores das 22 proposta presentadas ao concurso.  Até o próximo xoves día 13 poderá visitarse na Sala Municipal a mostra das propostas presentadas ao certame.
O xurado estivo presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e formaron parte do mesmo Manuel González Sarria, conselleiro técnico da Confederación Hidrógráfica del Miño -Sil; Antonio Iglesias Magán, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, e xefe do servizo de Proxectos e Obras do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra; Belén Suárez Massó, arquitecta representante da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; Sara Piñón Esteban, arquitecta adscrita ao servizo de Arquitectura da Deputación Provincial de Pontevedra; Susana Rivadulla López, xefa do servizo provincial de Urbanismo en Pontevedra, representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez, arquitectos representantes do Colexio de Arquitectos de Galicia; Juan José Vázquez Cerreda, enxeñeiro representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia; e os arquitectos Javier Antoñón Clemente e Pablo Rivas Caride do Concello de Tui.
Para outorgar o primeiro premio a “Marxes líquidas” o xurado valorou positivamente o plantexamento de “proxecto estratéxico” que realiza “complementado con propostas arquitectónicas desenvolvidas de forma solvente”. Indican que se trata dunha proposta “sensible e reflexionada en relación ao ámbito no que está e o que iso implica”.  Tivo en conta tamén a incorporación da auga coma elemento, e o sentido realista que recolle ao propor “menos construcións ou intervencións que outras propostas”. Outros aspectos destacados polo xurado son que ten en conta a dinámica fluvial comas cheas do río, e que xustifica as distintas actuacións en zonas verdes propostas diferenciándolas ao longo do ámbito de traballo.
Segundo recollen as autoras no proxecto a proposta buscan enfatizar a relación da cidade co río. A actuación proposta vai dende a vella Ponte Internacional até os xardíns de Troncoso “concentrándose moi especialmente na beira, nos seus espazos e hábitas, e o seu cosido co tecido e os equipamentos existentes”.
Amais  xurado acordou conceder un primeiro accésit, dotado con 8.500 €, á proposta “Desde la memoria al medioambiente” realizado por Luciano González Alfaya e Patricia Muñiz Núñez do Estudio MMASA Muñiz Mas Alfaya, SLP.  Un segundo accésit, de 3.500 €, foi concedido a “Tui…de salones y balcones” de Cristina García Fontán e Óscar López Alba. Amais outorgáronse dúas mencións honoríficas ás propostas presentadas baixo os lemas “Raia 984” e “Re-habitar paisajes”.

Sem comentários:

Enviar um comentário