Este sevillano presentou unha serie de tres fotografías baixo o lema “Algunas parejas”
O sevillano Antonio Benítez Barrios é o gañador do certame fotográfico “Relación home-muller 100% positiva” convocado pola Concellería de Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Antonio Benítez presentou unha serie de tres fotografías baixo o lema “Algunas Parejas” que o xurado eloxiou pola súa calidade. O premio foi para a terceira fotografía desta serie na que se retrata a unha parella ao final da súa vida nun anden de metro onde mentres el toca o violín ela lle suxeita a partitura. Coma premio recibirá 350€ en metálico e dúas noites de estancia no Parador de Turismo San Telmo de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário