O Teatro Municipal de Tui acolle este venres un musical pensado en Galicia, feito en galego e para os espectadores. Chega cun amplo elenco integrado por 14 actores, bailarís e músicos dirixidos por Eduardo Alonso. Forman parte dun amplo equipo de máis de 20 persoas que dan vida a todos os entresixos necesarios para crear este espectáculo que dende a súa estrea a finais de setembro está a colleitar unha excelente acollida por parte da crítica e do público. Trátase de “Glass City” de Teatro do Noroeste.
A de Tui será unha das últimas citas para poder disfrutar desta montaxe xa que a xira galega desta montaxe remata en decembro, para logo iniciar un percorrido polo resto de España.
As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info até o venres ás 19h, ou pódense adquirir o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica. Teñen un prezo de 6€, 4€ con desconto e 4€ para os menores de 12 anos.
Teatro do Noroeste con “Glass City”
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres, 13de novembro, ás 21.30h
Prezo entradas: 6€ - 4€ con desconto e 4€ para menores de 12 anos
Venda de entradas na web www.culturatui.info até o venres ás 19 ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica
Sem comentários:
Enviar um comentário