A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui segue e recibir fotografías para participar no II Concurso fotográfico conmemorativo do Día Internacional contra a violencia de xénero. O concurso mantén este ano, coma na anterior edición, a temática deste certame: “Relación Home Muller 100% positivo”. Para a concelleira Patricia Ricón este tema “Relación Home/Muller 100% positivo”, quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida. “Con este concurso, -engade a concelleira-, queremos resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan vítimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas”. Con esta campaña quérese fomentar este tipo de relacións e que se acabe entre todos coa violencia machista.
Sem comentários:
Enviar um comentário