A mostra componse de 46 fotografías e nace do traballo etnoarqueolóxico da misión española no Nilo Azul, comandada dende o CSIC, co obxectivo de interpretar mellor ás sociedades coñecidas unicamente a través do rexistro arqueolóxico.
A Sala de Exposicións Municipal de Tui acolle estes días (ata o día 11 deste mes de decembro) a exposición "Onde as rúas non teñen nome: unha mirada etnoarqueolóxica ao pobo Gumuz (Etiopía Occidental)". A entrada é de balde e os interesados poden contemplar a exposición en horario de apertura da Sala Municipal de Exposicións, de 09:00 a 14:00 horas pola mañá, de 16:30 a 20:30 horas pola tarde e os sábados permanecerá aberta de 09:00 a 13:00 horas. A mostra, programada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui, está ubicada na sala anexa á Sala de Exposicións (rúa Colón nº2).
Sem comentários:
Enviar um comentário