segunda-feira, 16 de novembro de 2009

Ariel Rot e Claudio Gabis participarán na gravación de “Muchas noches, buenas gracias” de Phatom Club


Será no concerto que ofrecerán o venres 20 ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui

Ariel Rot, Andy Chago, Pablo Novoa e Claudio Gabis serán algúns dos artistas convidados que acompañen ao grupo tudense Phantom Club no concerto que ofrecerán o venres 20 de novembro, ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui.  Será un directo especial xa que servirá para gravar o seu segundo traballo discográfico titulado “Muchas noches, buenas gracias” no que de novo recorren ao xogo de palabras coma fixeran xa con “Funksiona” o seu primeiro disco do que venderon 2 mil copias.

Phantom Club
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres, 20 de novembro, ás 21.30h
Prezo entradas: 5€ - 3€
Venda de entradas: na web www.culturatui.info até o venres ás 19 ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica
Apertura de portas ás 20h

Sem comentários:

Enviar um comentário